Aviso Legal
Este aviso legalregula o uso do servizo de Internet www.traduccionescarraig.com (en diante, a «páxina web») que ACTIVITY AND PROGRESS, S. L. pon á disposición dos usuarios de Internet.
Identificación:
A información xeral, para os efectos do artigo 10 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e do comercio electrónico, é a seguinte: denominación social do prestador de servizos da sociedade da información: ACTIVITY AND PROGRESS, S. L., con NIF B15448293, domicilio social na rúa Nueva, 18, 2º esq. – 15003 A Coruña; enderezo de correo electrónico: administracion@traduccionescarraig.com, teléfono: 981 229 587 e fax: 981 206 203, inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no tomo 1434, folio 18, folla C-10.589, inscrición 1ª.
Condicións de uso:
Esta páxina web foi deseñada para dar a coñecer a información, actividades e servizos presentados por ACTIVITY AND PROGRESS, S. L. e permitir o acceso a eles de todos os usuarios. Todas estas informacións, actividades e servizos serán denominados de maneira conxunta neste documento os “contidos”. A utilización desta páxina web atribúelle ao navegante a condición de usuario da páxina web, o que supón a adhesión ás presentes condicións na versión publicada no momento en que se acceda á devandita páxina web. Así mesmo, o usuario declara que toda a información subministrada por el para acceder a esta páxina web e no curso da súa utilización é verdadeira, completa e precisa e comprométese a mantela actualizada.
Medidas de Seguridade:
O responsable do ficheiro, ACTIVITY AND PROGRESS, S. L., adoptou todas as medidas de seguridade oportunas en función da natureza dos ficheiros existentes nesta entidade que conteñan datos de carácter persoal, segundo o establecido no Real decreto 1720/2007, do 21 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de desenvolvemento da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, e no Regulamento UE 2016/679. Xa que logo, adopta todas as medidas técnicas e organizativas necesarias acordes co estado da tecnoloxía para evitar a perda, mal uso, alteración, acceso non autorizado ou subtracción dos datos facilitados. Sen prexuízo do anterior, o usuario é consciente da posibilidade de que a seguridade das comunicacións a través da Rede non sexa invulnerable.
Propiedade intelectual ou industrial:
Advírtese expresamente que todos os contidos da páxina web, incluídos, sen carácter limitativo, textos, gráficos, logotipos, iconas de botóns, imaxes, arquivos de audio e software, son propiedade de ACTIVITY AND PROGRESS, S. L. ou dos seus provedores de contidos e están protexidos polas normas nacionais e internacionais de propiedade industrial e intelectual. A totalidade desta páxina web está protexida polas leis de propiedade intelectual e industrial, e queda prohibida a súa reprodución, distribución, comunicación pública e transformación, salvo para uso persoal e privado. O usuario poderá, pola súa conta e risco, descargar ou realizar copia dos elementos exclusivamente para o seu uso persoal sempre que non infrinxa ningún dos dereitos de propiedade intelectual ou industrial que protexen os devanditos elementos. En especial, non poderá alteralos, modificalos ou suprimilos nin total nin parcialmente. O anterior non supoñerá en ningún caso unha autorización ou licenza sobre os dereitos de propiedade de ACTIVITY AND PROGRESS, S. L., que reserva para si a posibilidade de exercer accións legais contra os usuarios que infrinxan os seus dereitos de propiedade intelectual e industrial.
Limitación da responsabilidade:
ACTIVITY AND PROGRESS, S. L. exclúe, na medida permitida pola lei, calquera responsabilidade polos danos e as consecuencias prexudiciais de calquera natureza que poidan derivar da presenza de virus informáticos ou doutros elementos nos contidos que poidan producir alteracións no sistema informático, dos documentos electrónicos ou dos ficheiros que pertencen aos usuarios; da transmisión, do almacenamento ou da disposición da información; da recepción, da obtención ou do acceso aos contidos; da falta de dispoñibilidade ou de continuidade do funcionamento da páxina web ou dos servizos; da falta de fiabilidade da páxina web ou dos servizos; e, en particular, aínda que non exclusivamente, dos fallos no acceso á páxina web.
Modificacións:
ACTIVITY AND PROGRESS, S. L. reserva para si todos os dereitos de modificar, limitar ou cancelar os termos e condicións aplicables a esta páxina web, e non asume responsabilidade ningunha en relación coa súa actualización, así como a facultade de efectuar cantas modificacións na configuración ou presentación da páxina web considere oportunas en calquera momento e sen aviso previo. A información contida na páxina web é a vixente na data da súa última actualización e os contidos do portal, en especial as referencias informativas e publicitarias, salvo que expresamente se indique o contrario, non constitúen unha oferta vinculante. ACTIVITY AND PROGRESS, S. L. non está obrigada a controlar e non controla a utilización que os usuarios fan do portal ou dos servizos..