EMPRESA
Fundada no ano 1991 co claro obxectivo de axudar a empresas e particulares a comunicarse con calquera parte do mundo.


Somos unha empresa de tradución e interpretación fundada no ano 1991 co claro obxectivo de axudar a empresas e particulares a comunicarse con calquera parte do mundo.
En CARRAIG temos unha ampla experiencia no desenvolvemento de PROXECTOS MULTILINGÜES e nas TRADUCIÓNS XURADAS.
Durante a nosa traxectoria e na actualidade avanzamos ao mesmo ritmo ca o noso mundo globalizado, no que cada día a necesidade dos nosos servizos precisa dun maior coñecemento das linguas, así como dunha maior rigorosidade e compromiso cos traballos que realizamos.
Razóns polas que elixirnos

Atención personalizada

Rapidez

Experiencia

Calidade
Calidade
Os nosos servizos axústanse ás túas necesidades ofrecéndoche atención personalizada e rápida. Todos os traballos son traducidos e revisados minuciosamente.
Ofrecerlles o mellor servizo e calidade aos nosos clientes é o obxectivo CARRAIG e con esa finalidade orientamos e desenvolvemos as nosas políticas de calidade.
Obter a mellor calidade do servizo, cumprindo cos prazos de entrega e mantendo á vez a confidencialidade, require duns procedementos regulados e rigorosos desde o primeiro contacto cos nosos clientes ata a entrega do traballo. Para iso, desenvolvemos ao longo destes 25 anos o noso propio sistema informático de xestión baseado nos seguintes piares:
- Experiencia profesional avalada por máis de 25 anos traballando para particulares, pequenas e medianas empresas, así como grandes firmas do mercado internacional.
- Innovación
- Rapidez de resposta
- Normas ISO 9001
- Norma UNE-EN ISO 17100: 2015

O noso equipo

Falamos todos os idiomas, cubrimos todas as túas necesidades. Os nosos TRADUTORES E INTÉRPRETES son profesionais titulados nativos que contan cunha ampla experiencia laboral acreditada e cunha formación non só lingüística, senón tamén técnica no ámbito da informática e de software específico.
Todos eles cumpren cos requisitos esixidos pola norma de calidade UNE-EN 15038 e deben acreditar polo menos:
- Experiencia profesional de polo menos 3 anos.
- Título académico dos idiomas cos que poden traballar.
- Especialización.
- Manexo de ferramentas informáticas e software específico.
- Carné de tradutor xurado, se o fose.
Queres traballar con nós?
Estamos sempre en busca de novos talentos e valores. Envíanos o teu CV e poñerémonos en contacto contigo o antes posible: web@traduccionescarraig.com.