Interpretación bilateral ou de enlace

Este tipo de interpretación consiste en transmitir unha mensaxe entre dúas ou máis persoas. O intérprete realiza unha dobre función: traduce breves intervencións tanto cara á lingua de orixe como cara á lingua de destino.

Para que o idioma non sexa unha barreira, ofrecémosche intérpretes de enlace para as túas viaxes de negocios, visitas de representantes estranxeiros ás empresas e feiras profesionais. Ou se o prefires, poñemos á túa disposición un intérprete no país que nos solicites.

Solicita orzamento

Sen compromiso. Dinos o traballo que precisas que realicemos e enviarémosche o orzamento ou poñerémonos en contacto contigo coa maior brevidade posible.