Interpretación telefónica

 

En CARRAIG levámosche a tradución ata o lugar no que te encontres a través dunha chamada. Con tan só levantar o teléfono estableceremos unha conferencia a tres que posibilitará a interpretación no idioma que solicites.

Os nosos profesionais escoitarán ao outro lado da liña telefónica recollendo a mensaxe dos usuarios, analizarana, interpretarana e transmitirana en cuestión de minutos.

Solicita orzamento

Sen compromiso. Dinos o traballo que precisas que realicemos e enviarémosche o orzamento ou poñerémonos en contacto contigo coa maior brevidade posible.