Interpretación simultánea

A interpretación simultánea realízase sen que o orador se deteña para que se traduza o que dixo antes de continuar. É a máis axeitada para congresos, conferencias ou seminarios con varios idiomas, onde se require unha comunicación fluída e inmediata, xa que a interpretación lle chega instantaneamente ao oínte.

Interpretar non consiste en traducir palabra por palabra senón en trasladar o máis fielmente posible cada mensaxe dunha lingua a outra. En CARRAIG contamos cun cualificado grupo de intérpretes que se esforzan por transmitir a túa mensaxe o mellor posible e coa máxima fiabilidade.

Os nosos intérpretes serán a mellor opción nas túas reunións, conferencias, convencións e congresos: os mellores intermediarios entre os distintos interlocutores.

Tamén proporcionamos o servizo técnico axeitado para a instalación de cabinas e equipos de audio.

Solicita orzamento

Sen compromiso. Dinos o traballo que precisas que realicemos e enviarémosche o orzamento ou poñerémonos en contacto contigo coa maior brevidade posible.

Interpretación consecutiva

A interpretación consecutiva realízase cando o orador se detén para que se traduza o que dixo antes de continuar.

O intérprete debe ser capaz de reter todo o dito ata cada pausa para poder traducilo con precisión e sen omisións e, ademais, para conservar a homoxeneidade terminolóxica e a coherencia interna do discurso.

Os nosos intérpretes acompañarante nas túas reunións, comidas, visitas de traballo ou presentacións, sen límite de tempo. As túas palabras chegarán ata os teus clientes ou público integramente e con todos os matices necesarios para que non se perda nada do que queres dicir.

Interpretación bilateral ou de enlace

Este tipo de interpretación consiste en transmitir unha mensaxe entre dúas ou máis persoas. O intérprete realiza unha dobre función: traduce breves intervencións tanto cara á lingua de orixe como cara á lingua de destino.

Para que o idioma non sexa unha barreira, ofrecémosche intérpretes de enlace para as túas viaxes de negocios, visitas de representantes estranxeiros ás empresas e feiras profesionais. O si lo prefieres, ponemos a tu disposición un intérprete en el país que nos solicites.

Interpretación telefónica

En CARRAIG levámosche a tradución ata o lugar no que te encontres a través dunha chamada. Con tan só levantar o teléfono estableceremos unha conferencia a tres que posibilitará a interpretación no idioma que solicites.

Os nosos profesionais escoitarán ao outro lado da liña telefónica recollendo a mensaxe dos usuarios, analizarana, interpretarana e transmitirana en cuestión de minutos.

Interpretación oficial ou xurada

O intérprete xurado realiza traducións con carácter oficial, xa sexan escritas ou orais. Este tipo de interpretación é necesaria para realizar trámites tales como constitucións de empresa, declaracións xuradas, vodas civís ou calquera outro tipo de xestión en xulgados, notarías ou outro organismo oficial que o requira.

Solicita orzamento

Sen compromiso. Dinos o traballo que precisas que realicemos e enviarémosche o orzamento ou poñerémonos en contacto contigo coa maior brevidade posible.