Política de privacidade
De conformidade co establecido na normativa vixente en protección de datos de carácter persoal, informámolo de que os seus datos serán incorporados ao sistema de tratamento titularidade de Activity and Progress, S. L., con NIF B15448293 e domicilio social situado na RÚA NUEVA, 18, 2º ESQ. – 15003 CORUÑA, A (A CORUÑA), coa finalidade de xestionar a tradución ou servizo solicitado. En cumprimento da normativa vixente, Activity and Progress, S. L. infórmao de que os datos serán conservados durante O PRAZO LEGALMENTE ESTABLECIDO.
Con esta cláusula queda informado de que os seus datos serán comunicados, no caso de ser necesario, a: provedores, bancos e caixas, administracións públicas e a todas aquelas entidades coas que sexa necesaria a comunicación, coa finalidade de cumprir coa prestación do servizo anteriormente mencionado.
O feito de non lles facilitar os datos ás entidades mencionadas implica que non se poida cumprir coa prestación dos servizos obxecto deste contrato.
Así mesmo, informámolo de que pode contactar co Delegado de Protección de Datos de Activity and Progress, S. L. dirixíndose por escrito ao enderezo de correo jac@traduccionescarraig.com ou no teléfono 981 229 587.
Activity and Progress, S. L. infórmao de que procederá a tratar os datos de maneira lícita, leal, transparente, adecuada, pertinente, limitada, exacta e actualizada. Este é o motivo polo que Activity and Progress, S. L. se compromete a adoptar todas as medidas razoables para que estes se supriman ou rectifiquen sen dilación cando sexan inexactos.
De acordo cos dereitos que lle confire a normativa vixente en protección de datos, poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, limitación de tratamento, supresión, portabilidade e oposición ao tratamento dos seus datos de carácter persoal, así como do consentimento prestado para o seu tratamento, dirixindo a súa petición ao enderezo postal indicado máis arriba ou ao enderezo de correo electrónico administracion@traduccionescarraig.com.
Poderá dirixirse á autoridade de control competente para presentar a reclamación que considere oportuna.