Tradución téxtil

Somos pioneiros na tradución de produtos para a venda por Internet. Contamos cun equipo de expertos tradutores en cada idioma e área de coñecemento inmersos no mundo do comercio electrónico para que os produtos cheguen aos teus clientes, xa que estamos seguros de lle dar a cada termo o seu verdadeiro significado.

Ampla experiencia demostrable en tradución de páxinas web e actualización de produtos de forma semanal a máis de 15 idiomas.

En CARRAIG axudámosche a adecuar o teu negocio en liña á plataforma na que se move: Internet.

Solicita orzamento

Sen compromiso. Dinos o traballo que precisas que realicemos e enviarémosche o orzamento ou poñerémonos en contacto contigo coa maior brevidade posible.

Que peculiaridades ten vender en Internet?

 

Pois que a información lle chega a todo o mundo, sexa cal sexa o seu país, sexa cal sexa o seu idioma.

Moitas tendas en liña non só venden no mercado español. De aí que o idioma, a loxística, os medios de pagamento, as bases legais etc. deban estar ben adaptados á lingua do país de destino, para que isto non supoña un obstáculo á hora de vender e se fomente a captación do cliente.

Nós encargámonos da tradución do teu sitio web para que poidas chegar co teu negocio a onde te propoñas.

Solicita orzamento

Sen compromiso. Dinos o traballo que precisas que realicemos e enviarémosche o orzamento ou poñerémonos en contacto contigo coa maior brevidade posible.